Análise comparativos das contas xerais das entidades locais

Comparativo participación nos tributos Este indicador distribúe os ingresos procedentes da participación nos tributos do Estado e da Comunidade Autónoma entre o número de habitantes. Máis información
Comparativo magnitudes orzamentarias Este indicador compara as magnitudes aforro bruto, superávit/déficit por operacións non financeiras, remanente de tesourería para gastos xerais e endebedamento total das entidades seleccionadas. Máis información
Comparativa impostos locais por habitante Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, os ingresos procedentes dos impostos Imposto sobre bens Inmobles (IBI),Imposto sobre actividades económicas (IAE), Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM), Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (IIVTNU) e Imposto sobre construcións, instalacións e obras (ICIO). Máis información
Comparativa ingresos por multas e sancións por habitante Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, os ingresos procedentes das multas e sancións. Máis información
Comparativo custo alumeado público Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, o custo da prestación do servizo de alumeado público. Máis información
Comparativo custo recollida residuos Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, o custo da prestación do servizo de recollida de residuos. Máis información
Comparativo custo limpeza viaria Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, o custo da prestación do servizo de limpeza viaria. Máis información
Comparativo custo abastecemento domiciliario auga potable Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, o custo da prestación do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable. Máis información
Comparativo custo do servizo cemiterios e servizos funerarios Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, o custo da prestación do servizo de cemiterios e servizos funerarios. Máis información
Comparativo custo servizo de vías públicas Este indicador compara, para as entidades seleccionadas, o custo da prestación do servizo de vías públicas. Máis información

Neste apartado preséntanse análises de magnitudes ou indicadores das entidades locais seleccionadas, para poder avaliar a súa xestión e facer comparacións.
 
De novo, as gráficas e táboas desta sección son interactivas: permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla.
 
Cando se trate de análise de datos por habitante, é necesario elixir un tipo de entidade territorial de base poboacional (concello ou deputación) para que os datos teñan sentido.

Participación nos tributos do Estado e Comunidade Autónoma

Este indicador amosa os ingresos por habitante procedentes de participacións nos tributos do Estado (cesión da recadación de impostos do Estado no caso de concellos capitais de provincia ou cunha poboación de dereito igual ou superior a 75.000 habitantes e das deputacións y entes similares), e das Comunidades Autónomas.

Magnitudes orzamentarias

Neste bloque analízanse as magnitudes orzamentarias aforro bruto, superávit/déficit por operacións non financeiras, remanente de tesourería e endebedamento, definidas como segue:
  • Aforro Bruto: diferenza entre os ingresos correntes (capítulos I ao V) e os gastos correntes (capítulos I ao V). Indica a parte dos ingresos correntes que queda dispoñible una vez atendidos os gastos correntes non financeiros, reflectindo polo tanto a capacidade da entidade para financiar con recursos propios os investimentos e a amortización da débeda.
  • Superávit ou déficit non financeiro, que se calcula por diferenza entre os dereitos e obrigas de carácter non financeiro (capítulos do I ao VII). Este saldo orzamentario non financeiro é o cálculo do que se parte para comprobar si unha entidade local cumpre ou non a regra de equilibrio orzamentario que establece a Lei orgánica 2/2012, de Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, saldo ao que se lle aplican os oportunos axustes de contabilidade nacional, para obter a capacidade o necesidade de financiamento do perímetro de consolidación da entidade local. (Axustes a practicar de xeito consensuado polo Instituto Nacional de Estatística, Banco de España e Intervención Xeral da Administración do Estado. A título indicativo os mesmos serían axustes polas diferenzas na clasificación das operacións ou importes rexistrados e axustes polas diverxencias temporais de contabilización).
  • Remanente de tesourería, que indica a capacidade da entidade local para facer fronte ás súas débedas a curto prazo a fin de exercicio.
  • Endebedamento total, que inclúe:
    • As provisións a longo e curto prazo (subgrupo 14 e 58 do plan xeral de contabilidade PXCP.)
    • Empréstitos e outras emisións análogas, así como as débedas a longo prazo  por préstamos recibidos e fianzas e depósitos recibidos a longo prazo (subgrupos 15, 16, 17, 18, 50, 51, 52, 560, 561 do PXCP).
    • Acredores orzamentarios e non orzamentarios (subgrupos 40 e 41 PXCP).
    • Saldo acredor dos debedores a acredores por administración de recursos por conta doutros entes públicos e Administracións Públicas (subgrupos 45 e 47 PXCP).
    • Saldo acredor en contas correntes non bancarias, cobros pendentes de aplicación e outras partidas pendentes de aplicación (contas 550, 554 e 559 do PXCP).
    • Ingresos anticipados a curto prazo (conta 485 e 568 PXCP).

Impostos locais por habitante

Neste informe analízanse os ingresos recoñecidos polas entidades locais seleccionadas polos procedentes dos diferentes tipos de impostos directos e indirectos e recollidos na súa liquidación de ingresos, calculados segundo a fórmula seguinte:

 
Segundo a instrución contable vixente, os conceptos a utilizar para calcular os índices correspondentes aos diferentes impostos indirectos son os seguintes:
  • Imposto sobre bens inmobles IBI
    • 112 Imposto sobre Bens Inmobles. Bens Inmobles de Natureza Rústica. 
    • 113 Imposto sobre Bens Inmobles. Bens inmobles de Natureza Urbana.     
    • 114 Imposto sobre Bens Inmobles. Bens Inmobles de características especiais.
    • 170 Recargas no Imposto sobre Bens Inmobles.
  • Imposto sobre actividades económicas IAE
    • 130 Imposto sobre Actividades Económicas.
    • 171 Recarga provincial no Imposto sobre Actividades Económicas.
  • Imposto sobre vehículos de tracción mecánica IVTM
    • 115 Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
  • Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana IIVTNU
    • 116 Imposto sobre Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana.
  • Imposto sobre construcións, instalacións e obras ICIO
    • 290 Imposto sobre construcións, instalacións e obras.

Multas e sancións

Neste informe analízanse os ingresos recoñecidos polas entidades locais seleccionadas polos procedentes dos diferentes conceptos de multas e sancións recollidos na súa liquidación de ingresos, calculados segundo a fórmula seguinte:

Segundo a instrución contable vixente, os conceptos a utilizar para calcular os índices correspondentes aos diferentes impostos indirectos son os seguintes:

  • 391.00 Multas por infraccións urbanísticas.
  • 391.10 Multas por infraccións tributarias e análogas.
  • 391.20 Multas por infraccións da ordenanza de circulación.
  • 391.90 Outras multas e sancións.

Comparativo custo alumeado público

Neste informe analízanse os custo da prestación do servizo de alumeado público. A nova redacción do artigo 26 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local, configura este servizo como de prestación obrigatoria para todos os concellos, con independencia do seu tamaño.
O cálculo do custo realízase considerando todas as obrigas recoñecidas netas recollidas no grupo de programa 165, segundo a fórmula seguinte:

 

Comparativo custo recollida residuos

Neste informe analízanse os custo da prestación do servizo de recollida de residuos, que comprende os custos destinados a sufragar a recollida, transporte ao centro de eliminación ou tratamento, así como a propia eliminación ou tratamento. A nova redacción do artigo 26 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local, configura este servizo como de prestación obrigatoria para todos os concellos, con independencia do seu tamaño.
O cálculo do custo realízase considerando todas as obrigas recoñecidas netas recollidas no grupo de programa 162, segundo a fórmula seguinte:

 

Comparativo custo limpeza viaria

Neste informe analízanse os custo da prestación do servizo de limpeza viaria. A nova redacción do artigo 26 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local, configura este servizo como de prestación obrigatoria para todos os concellos, con independencia do seu tamaño.
O cálculo do custo realízase considerando todas as obrigas recoñecidas netas recollidas no grupo de programa 163, segundo a fórmula seguinte:

 

Comparativo custo abastecemento domiciliario auga potable

Neste informe analízanse os custo da prestación do servizo de abastecemento domiciliario de auga potable. A nova redacción do artigo 26 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local, configura este servizo como de prestación obrigatoria para todos os concellos, con independencia do seu tamaño.
O cálculo do custo realízase considerando todas as obrigas recoñecidas netas recollidas no grupo de programa 161, segundo a fórmula seguinte:

 

Custo do servizo cemiterios e servizos funerarios

Neste informe analízanse os custo da prestación do servizo de cemiterio e servizos funerarios. A nova redacción do artigo 26 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local, configura este servizo como de prestación obrigatoria para todos os concellos, con independencia do seu tamaño.
O cálculo do custo realízase considerando todas as obrigas recoñecidas netas recollidas no grupo de programa 164, segundo a fórmula seguinte:

 

Comparativo custo servizo de vías públicas

Neste informe analízanse os custo da prestación do servizo de vías públicas. Dentro deste grupo de programas tipifícanse dous programas, relativos ao acceso aos núcleos de poboación e á pavimentación das vías públicas. A nova redacción do artigo 26 da Lei 7/1985 reguladora das Bases do Réxime Local, configura este servizo como de prestación obrigatoria para todos os concellos, con independencia do seu tamaño.
O cálculo do custo realízase considerando todas as obrigas recoñecidas netas recollidas no grupo de programa 153, segundo a fórmula seguinte: