Análise agregado das contas xerais das entidades locais

Endebedamento por habitante Este indicador distribúe a débeda total da entidade entre o número de habitantes, e ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño. Máis información
Gasto público por habitante Este indicador distribúe o gasto público total entre o número de habitantes e analiza a súa evolución no tempo. Máis información
Ingreso público por habitante Este indicador distribúe o ingreso público total entre o número de habitantes e analiza a súa evolución no tempo. Máis información
Indice de participación nos tributos do Estado e CCAA Este indicador reflicte a proporción que representan os ingresos orzamentarios procedentes da participación nos tributos do Estado e Comunidades autónomas en relación coa totalidade de ingresos orzamentarios do exercicio. Máis información
Finalidade do gasto público por habitante Este indicador distribúe o gasto público total entre o número de habitantes atendendo á súa finalidade e analiza a súa evolución no tempo. Máis información
Detalle finalidade do gasto público Este informe permite realizar unha análise mais detallada, seleccionando ás diferentes áreas, políticas e programas de gasto, permitindo a análise conxunta polos conceptos económicos do gasto nos que se desglosa a clasificación económica, e deste xeito, valorar en que áreas se incorre en maior gasto e de que tipo é ese gasto. Máis información
Endebedamento financeiro sobre ingresos correntes Este indicador reflicte a proporción dos ingresos correntes que financian o endebedamento financeiro. Máis información
Período estimado de amortización do endebedamento financeiro Este indicador reflicte o período en anos necesario para que a entidade poida amortizar o seu endebedamento financeiro de manterse o aforro bruto do exercicio. Máis información
Índice de operacións pendentes de aplicar Este indicador reflicte o a porcentaxe que supoñen as obrigas pendentes de aplicar ao orzamento sobre o total do mesmo. Máis información

Neste apartado preséntanse análises agregadas a partir dos datos extraídos das contas xerais das entidades locais. De novo, as gráficas e táboas desta sección son interactivas: permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla.

Ao tratarse de análise de datos por habitante, é necesario elixir un tipo de entidade territorial de base poboacional (concello ou deputación) para que os datos teñan sentido.

As análises que se poden consultar son as seguintes:

Endebedamento por habitante

Este indicador obtense dividindo a débeda total da entidade entre o número de habitantes. A estes efectos, a débeda total inclúe:

  • As provisións a longo e curto prazo (subgrupo 14 e 58 do plan xeral de contabilidade PXCP.)
  • Empréstitos e outras emisións análogas, así como as débedas a longo prazo  por préstamos recibidos e fianzas e depósitos recibidos a longo prazo (subgrupos 15, 16, 17, 18, 50, 51, 52, 560, 561 do PXCP).
  • Acredores orzamentarios e non orzamentarios (subgrupos 40 e 41 PXCP).
  • Saldo acredor dos debedores a acredores por administración de recursos por conta doutros entes públicos e Administracións Públicas (sugrupos 45 e 47 PXCP).
  • Saldo acredor en contas correntes non bancarias, cobros pendentes de aplicación e outras partidas pendentes de aplicación (contas 550, 554 e 559 do PXCP).
  • Ingresos anticipados a curto prazo (conta 485 e 568 PXCP).

Este é o concepto de endebedamento que figura reflectido nas contas financeiras das entidades locais; o mesmo defire do concepto de débeda elaborada segundo o protocolo de déficit excesivo, que se utiliza dende unha perspectiva de estabilizade orzamentaria, e que se diferenza do anterior en que non inclúe os pasivos das Administracións Públicas en poder doutras Administracións Públicas, sendo diferentes tamén os métodos de valoración dos pasivos.

Este indicador distribúe a débeda total da entidade entre o número de habitantes, e ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño. Canto maior sexa este ratio, maior risco de insolvencia se produce.

Gasto público por habitante

Este indicador obtense dividindo o total das obrigas recoñecidas netas do orzamento de gastos segundo a súa clasificación económica  entre o número de habitantes.

Este informe permite realizar unha análise mais detallada, seleccionando os diferentes capítulos, artigo ou conceptos económicos do gasto nos que se desglosa a clasificación económica, e deste xeito, valorar en que partidas se incorre en maior gasto.

Este indicador distribúe o gasto público da entidade entre o número de habitantes, e ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.

Finalidade do gasto público

Este indicador obtense dividindo o total das obrigas recoñecidas netas do orzamento de gastos entre o número de habitantes.

A orde HAP/419/2014, do 14 de marzo, pola que se modifica a orde EHA/3565/2008, do 3 de decembro, pola que se aproba a estrutura dos orzamentos das entidades locais, establece no seu articulado a estrutura por áreas de gasto, políticas de gasto e programas que rexen na asignación dos recursos de cada exercicio orzamentario.

A asignación dos recursos efectuarase dentro dunha estrutura de programas de gastos, que será adecuada aos contidos das políticas de gasto que delimitan e concretan as distintas áreas de actuación do orzamento, permitindo aos órganos xestores agrupar os créditos orzamentarios atendendo aos obxectivos a conseguir.
 
As áreas e políticas de gasto do orzamento son as seguintes:
  • Área de Gasto 1: Servizos Públicos Básicos. Inclúe os gastos orixinados polos servizos públicos básicos de prestación obrigatoria para as entidades locais, de acordo co establecido no artigo 26.1 da LBRL. Inclúe catro políticas de gasto básicas: seguridade e mobilidade cidadán, vivenda e urbanismo, benestar comunitario e medio ambiente.
  • Área de Gasto 2: Actuacións de protección e promoción social. Inclúe os gastos en catro políticas básicas: gastos e transferencias derivados do réxime de previsión; pensións de funcionarios; atención de carácter benéfico-asistencial e a grupos con necesidades especiais e fomento do emprego.
  • Área de Gasto 3: Produción de bens públicos de carácter preferente. Inclúe os gastos destinados ás políticas en materia de sanidade, educación, cultura, ocio e deporte.
  • Área de Gasto 4: Actuacións de carácter económico. Inclúe os gastos en actividades, servizos e transferencias para o desenvolvemento do potencial dos distintos sectores da actividade económica. Inclúe as políticas de gasto en materia de agricultura; industria e enerxía; comercio, turismo e PEMES; transporte público; infraestruturas; Investigación, desenvolvemento e innovación; e outras actuacións de carácter económico.
  • Área de Gasto 9: Actuacións de carácter xeral. Inclúe os gastos en actividades polo exercicio de función de goberno ou de apoio administrativo e soporte lóxico e técnico a toda a organización; gastos xerais e transferencias xenéricas non imputadas a outra área; así mesmo, recolle os gastos xerais da entidade que non podan ser imputados nin aplicados directamente a outras áreas de gasto.
  • Área de Gasto 0: Débeda Pública. Comprende os gastos de xuros e amortización da débeda pública e demais operacións financeiras de natureza análoga, con exclusión dos gastos que ocasione a formalización das mesmas (que se imputan na área 9).

Este indicador distribúe o gasto público da entidade entre o número de habitantes, e ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.

Ingreso público por habitante

Este indicador obtense dividindo o total dos dereitos recoñecidos netos do orzamento de ingresos segundo a súa clasificación económica entre o número de habitantes.

Este informe permite realizar unha análise mais detallada, seleccionando os diferentes capítulos, artigo ou conceptos económicos do ingreso nos que se desglosa a clasificación económica, e deste xeito, valorar en que partidas se obtén un maior ingreso.

Este indicador distribúe o ingreso público da entidade entre o número de habitantes, e ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.

Participación nos tributos do Estado e Comunidade Autónoma

Este indicador reflicte a proporción que representan os ingresos orzamentarios procedentes da participación nos tributos do Estado (cesión da recadación de impostos do Estado no caso de concellos capitais de provincia ou cunha poboación de dereito igual ou superior a 75.000 habitantes e das deputacións e entes similares), e das Comunidades Autónomas.

Este indicador ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.

Endebedamento financeiro sobre ingresos correntes

Este indicador reflicte a proporción dos ingresos correntes que financian o endebedamento financeiro. A maior valor do indicador, máis dificultades para facer fronte ao endebedamento financeiro.


Detráense do denominados os importes correspondentes ao artigo 35 (Contribucións especiais) así como os ingresos por actuacións e aproveitamentos urbanísticos (conceptos 396 e 397), así como as multas por infraccións urbanísticas (subconcepto 391.00)

Este indicador ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.

Período estimado de amortización do endebedamento financeiro

Este indicador reflicte o período en anos necesario para que a entidade poida amortizar o seu endebedamento financeiro de manterse o aforro bruto do exercicio. A menor valor, menos anos para amortizar o endebedamento.

Detráense do denominados os importes correspondentes ao artigo 35 (Contribucións especiais) así como os ingresos por actuacións e aproveitamentos urbanísticos (conceptos 396 e 397), así como as multas por infraccións urbanísticas (subconcepto 391.00)

Este indicador ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.

Índice de operacións pendentes de aplicar

As obrigas pendentes de imputar ao orzamento reflíctense na conta 413 da contabilidade financeira. O seu saldo está composto por partidas que finalmente terán impacto orzamentario. Polo tanto, este indicador é útil para valorar o resultado orzamentario real  da entidade.

Este indicador ten que ser analizado observando a súa evolución no tempo e comparándoo cos valores que adoptan outras entidades de similar tamaño.