O Conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle ao Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira a memoria anual do Consello de Contas de 2016, que inclúe:
- a memoria de actividades
- as contas anuais da Institución correspondentes a este exercicio
- os últimos informes de fiscalización aprobados
Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao Plan anual de traballo de 2017 (contas xerais do exercicio 2015 da Administración xeral da Comunidade Autónoma, do Sergas, da Administración instrumental e das entidades locais), e os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.