Vostede está aquí

Novas

mércores, 3 Xaneiro 2018, 13:03

A sección de Prevención da Corrupción, na súa reunión do día 20 de decembro de 2017, aprobou os documentos:

venres, 29 Decembro 2017, 12:09

O plan de traballo do ano 2018 foi presentado o 29 de decembro de 2017 no Parlamento de Galicia.

mércores, 13 Decembro 2017, 12:54

O Pleno do Consello de Contas, na súa reunión do día 13 de novembro de 2017, adoptou o acordo polo que se aproba o seu Código ético institucional, publicado no DOG.

xoves, 30 Novembro 2017, 10:57

O Conselleiro Maior participou nunha nova Conferencia de Presidentes da Asociación de Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas ( Asocex), na sede da Sindicatura de Contas do Principado de Asturias, en Oviedo. 

 

xoves, 9 Novembro 2017, 13:55

A conselleira da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia participa na II reunión semestral de 2017 da Comisión de Coordinación no ámbito local do Tribunal de Cuentas e os Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas, celebrada o día 7 de novembro de 2017 na sede do Tribunal de Cuentas.

 

xoves, 9 Novembro 2017, 13:45

O conselleiro maior explicou o pasado  xoves 2 de novembro de 2017 na Comisión 3ª “Economía, Facenda e Orzamentos”  do Parlamento de Galicia os orzamentos da Institución para o ano 2018.

En total o Consello disporá de 7,1 millóns de euros, o que significa un incremento do 1,86% respecto do exercicio anterior.

martes, 10 Outubro 2017, 12:30

Na reunión celebrada o 9 de outubro co fiscal D. Fernando Suanzes Pérez na sede do Consello de Contas abordáronse os posibles ámbitos de colaboración das dúas Institucións en materia de prevención da corrupción.

 

martes, 3 Outubro 2017, 09:10

No encontro celebrado o 27 de setembro abordáronse as estratexias que en materia de prevención da corrupción está desenvolvendo esta Oficina, como unha das súas funcións fundacionais e prioritarias, e que recentemente o Consello de Contas de Galicia asumiu entre as súas atribucións.

 

martes, 3 Outubro 2017, 08:59

O Conselleiro maior compareceu o día 21 de setembro na Comisión Permanente no Lexislativa para as relacións co Consello de Contas para presentar a memoria anual 2016, que comprende a memoria de actividades e contas anuais da institución do ano 2016 e os distintos informes de fiscalización referidos ao exercicio 2015.

venres, 21 Xullo 2017, 13:58

O Conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle ao Presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira a memoria anual do Consello de Contas de 2016, que inclúe:

Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao Plan anual de traballo de 2017 (contas xerais do exercicio 2015 da Administración xeral da Comunidade Autónoma, do Sergas, da Administración instrumental e das entidades locais), e os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.

Páxinas