Vostede está aquí

Novas

venres, 22 Maio 2020, 15:00

O Conselleiro Maior reuniuse o pasado mércores por vídeo conferencia co resto de membros da Conferencia de Presidentes de ASOCEX, ao obxecto de seguir profundando na súa colaboración.

venres, 22 Maio 2020, 10:08

A revista "Auditoría Pública", o órgano de expresión dos tribunais autonómicos de contas, cumpriu 25 anos desde a súa creación na primavera de 1995. Con este motivo, a primeira publicación dedicada á materia editou un número especial que recompila os artigos galardoados co premio que organiza anualmente desde 1997. Trátase dunha valiosa selección de traballos que interesará a todos os profesionais relacionados coa auditoría e a contabilidade.

Este exemplar especial pódese visitar na dirección: "https://publicaciones.4tintas.es/asocex/xxvaniversario/index.html"

luns, 11 Maio 2020, 10:11

Lorenzo Pérez Sarrión, secretario xeral da Sindicatura de Comptes da Comunitade Valenciana, logra o primeiro premio de revista "Auditoría Pública", editada pola Asociación de Órganos de Control Externo Autonómicos (Asocex), na súa XXII edición, correspondente ao ano 2019. O fallo deste premio coincide, ademais, coa celebración do XXV aniversario de "Auditoría Pública". Pérez Sarrión foi recoñecido polo artigo titulado "Estrategia de implantación de la administración eléctrónica en un órgano de control externo (OCEX): No hablamos solo de tecnología", publicado no número 74 da revista. O premio ten unha dotación económica bruta de 4.000 euros.

martes, 28 Abril 2020, 09:07

Como consecuencia das modificacións derivadas da nova configuración da conta 413 “Acredores por operacións devindicadas” (introducidas pola Orde HAC/1364/2918, do 12 de decembro, pola que se modifican os plans de contas locais anexos ás instrucións dos modelos normal e simplificado da contabilidade local, aprobadas polas Ordes HAP/1791 e 1792/2013, do 20 de setembro) a Intervención Xeral da Administración do Estado ven de publicar os novos esquemas XSD correspondentes aos modelos normal e simplificado de contabilidade local e que son de aplicación para a rendición da conta xeral das entidades locais a partir da correspondente ao exercicio 2019.

luns, 27 Abril 2020, 11:33

O Consello de Contas de Galicia, como órgano de control externo con competencias en materia de prevención da corrupción, ten grande interese en promover a investigación en materias relacionadas con esta competencia.

Unha das formas de contribuír a este obxectivo consiste en empregar instrumentos que incentiven a elaboración de traballos relacionados coa prevención da corrupción no sector público como son os premios de investigación.

Con tal finalidade o Pleno da Institución aprobou a finais de 2019 as bases reguladoras do “Premio Carlos G. Otero Díaz” , cuxa primeira convocatoria se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. O premio está dotado cun importe de 4.500 euros e o prazo para presentar os traballos de investigación finaliza o 31 de outubro de 2020. O xurado está composto por José Antonio Redondo López, conselleiro maior do Consello de Contas, que o preside, e por profesionais de recoñecido prestixio neste ámbito como María Concepción Campos Acuña, María...

luns, 13 Abril 2020, 17:34
  1.  A suspensión do prazo de remisión está supeditada ao cumprimento dos requisitos previstos no apartado 1 do artigo 48, é dicir: Que os órganos encargados de remitir a información procuren cumprir os prazos establecidos. Que a suspensión do prazo está vinculada á imposibilidade de cumprir cos prazos establecidos. Que a imposibilidade de cumprir os prazos sexa acordada pola entidade e se materialice nunha declaración do seu representante que deberá ser comunicada o Tribunal de Contas, quen informará periodicamente ao Consello de Contas.
  2.  A expresión “información financeira” inclúe toda aquela información que afecte directa ou indirectamente aos dereitos e obrigas da facenda pública, polo que comprende a información relativa ao control interno das entidades locais por parte dos órganos de intervención. Neste caso, cando esta información no poida ser remitida antes do 30 de abril (tal e como sinala a normativa de aplicación) como consecuencia da declaración do estado de...
mércores, 1 Abril 2020, 14:05

Segundo o artigo 48.3 do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, os prazos previstos na normativa reguladora da remisión das contas e o resto da información financeira ao Tribunal de Contas (e Consello de Contas de Galicia), quedarán suspendidos desde a declaración do estado de alarma, e nos termos previstos nos apartados 1 e 2 do mencionado artigo, renovándose o seu cómputo cando desapareza a dita circunstancia ou ampliándose o prazo previsto nun período equivalente ao da duración efectiva do estado de alarma.

Enlace ao BOE

xoves, 27 Febreiro 2020, 09:29

Onte, o Conselleiro da área de Conta Xeral, Constantino Carreiras, xunto cos presidentes dos demais Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas e o Presidente do Tribunal de Contas asinaron un convenio para renovar a súa colaboración no uso da Plataforma e do Portal de Rendición de Contas das Entidades Locais, como instrumentos para mellorar o control e promover maior transparencia sobre as contas xerais e a xestión das entidades locais.

luns, 23 Decembro 2019, 11:43

O Pleno do Consello de Contas de Galicia remitiu ao Parlamento de Galicia o seu Plan de traballo para o ano 2020, que contén as actuacións a levar a cabo no vindeiro exercicio nos ámbitos da función fiscalizadora e de prevención da corrupción.
Ligazón aos plans de traballo

Páxinas