Protección de datos de carácter persoal

No que atinxe á protección de datos de carácter persoal o Consello de Contas de Galicia, dende a súa posta en funcionamento, optou pola máxima transparencia na súa xestión e unha postura, non só de acatamento, senon de fomento do cumprimento da normativa vixente en cada momento.

Logo da entrada en vigor do Regulamento Xeral de Protección de Datos (Regulamento 2016/679, 27 de abril do 2016, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE) e a recente Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, abriuse unha nova etapa na materia de protección de datos persoais, que como característica básica, recolle a actuación previa, e por iniciativa propia, das organizacións en defensa dos datos dos interesados, adiantándose ó actuar destes, poñéndose no seu lugar e valorando, por riba doutras consideracións, o dereito dos mesmos á protección dos seus datos.

O Consello de Contas de Galicia, seguindo esta liña de actuación, quere poñer en coñecemento de todos os posibles interesados, titulares de datos persoais, ou público en xeral, a información relativa á protección de datos de carácter persoal tratados por esta institución.

Datos do Responsable

Consello de Contas de Galicia.
Rúa Domingo Fontán nº 7. CP 15771, Santiago de Compostela.
Teléfono 981542200.
http://www.ccontasgalicia.es

Contacto do Delegado de Protección de Datos

dpd@ccontasgalicia.es

Inventario de tratamentos

Comunicacións e denuncias
Expedientes relativos á responsabilidade contable
Fiscalización
Premio Carlos Otero Díaz
Prevención da corrupción
Queixas e denuncias ao Comité de Ética
Rexistro de bens dos altos cargos do Consello de Contas
Rexistro de entradas e saídas
Seguridade
Xestión orzamentaria e contratación
Xestión de recursos humanos

 

 

Rexistro de actividades de tratamento

 

Rexistro de actividades de tratamento