Vostede está aquí

Rendición do Sector local

As entidades locais, como xestores de fondos públicos, teñen a obriga de informar, xustificar e responsabilizarse da actividade económico-financeira realizada durante o exercicio. A tal fin, elaboran a Conta Xeral, que reflicte o xeito en que se desenvolveu a devandita actividade.

Nesta sección pode consultarse  o cumprimento da obriga de rendición da Conta Xeral, que afecta a todas as entidades locais de Galicia, así como o histórico da rendición.

Información a nivel agregado dos principais indicadores de magnitudes orzamentarias, así como dos estados contables.

Información a nivel individual dos principais indicadores de magnitudes orzamentarias, así como dos estados contables.