Sección de Prevención da Corrupción

Acordo

A incorporación desta nova Sección  está prevista no artigo 6 da Lei 6/1985, modificado pola Lei 8/2015, do 7 de agosto, como consecuencia da atribución ao Consello de competencias específicas en materia de prevención da corrupción no ámbito do sector público autonómico. Estará presidida polo conselleiro ou conselleira maior e actuará asistida pola Unidade de Prevención da Corrupción e por unha Comisión Técnica.

Mediante acordo plenario de 16 de setembro de 2015 acordouse adscribir a todos os conselleiros e conselleiras de contas á dita Sección.

Competencias

Corresponde a esta Sección o exercicio das atribucións que a lei atribúe ao Consello en materia de prevención da corrupción, en particular: colaborar coas administracións suxeitas ao seu ámbito de actuación, propoñendo a implantación de sistemas de prevención e a elaboración de manuais de xestión de riscos da corrupción; comprobar os sistemas de prevención que se poñan en marcha; asesorar sobre os instrumentos normativos mais axeitados para previr a corrupción; fomentar na sociedade civil e, particularmente, no ámbito empresarial a transparencia e o comportamento ético nas súas relacións co sector público.

A Sección elaborará un programa anual de actividades que elevará ao Pleno para a súa integración no plan de traballo do Consello de Contas.

Documentos aprobados

A sección de Prevención da Corrupción, na súa reunión do día 20 de decembro de 2017, aprobou os documentos: