Vostede está aquí

Órganos

Composición do Consello de Contas

A composición orgánica do Consello de Contas foi establecida polo artigo 6 da Lei 6/1985, de 24 de xuño. Segúndo o disposto no mesmo, son órganos da Institución:

  • O Pleno
  • O Conselleiro Maior
  • A Comisión de Goberno
  • As Seccións: Sección de Fiscalización e Sección de  Enxuizamento
  • A Secretaría Xeral

As atribucións do Conselleiro Maior, están referidas á representación institucional, presidencia do Pleno e da Comisión de Goberno, convocatorias das súas sesións e outras de xestión interna (exercer a xefatura superior de persoal, ordenación de gastos e pagos, contratación de obras, servizos e suministros...).

Pleno do Consello de Contas de Galicia

Ao Pleno se lle atribúen competencias en materia de fiscalización e enxuizamento xunto con outras de réxime interno. A continuación detállase a súa composición.

Presidente

Vocais

Secretario

  • D. Manuel J. Santana Suárez

Comisión de Goberno

A Comisión de Goberno está constitudida polo conselleiro maior e os conselleiros presidentes das seccións, asistidos polo secretario xeral. Correspóndelle entre outras as funcións relativas ao nomeamento e a contratación do persoal, goberno e administración.

Conselleiro Maior

O Conselleiro Maior representa ao Consello de Contas; convoca e preside o Pleno e a Comisión de Goberno. Correspóndelle, entre outras, a xefatura superior do persoal e autorizar as adquisicións de bens e contratacións necesarias para o bo funcionamento do Consello.

As seccións

A Sección de Fiscalización e Axuizamento, como órgamos de goberno do Consello de Contas de Galicia, están integradas polos presidentes respectivos e polos conselleiros que ás mesmas adscriba o Pleno.Os presidentes serán designados polo Pleno por un período de tres anos e poderán ser reelixidos.

Á Sección  de Fiscalización correspóndelle, entre outras, a verificación da contabilidade das entidades do sector público da Comunidade Autónoma e o exame e comprobación das súas contas.