O Consello de Contas de Galicia é o ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego.
Pode consultar en detalle a súa función e organización.
A composición orgánica do Consello de Contas foi establecida polo artigo 6 da Lei 6/1985, do 24 de xuño. Segundo o disposto no mesmo, son órganos da Institución, o Pleno, o Conselleiro Maior, a Comisión de Goberno, as Seccións de Fiscalización e Axuizamento e a Secretaría Xeral.
O Consello de Contas estrutura a actividade fiscalizadora en departamentos sectoriais (ou áreas) baixo a dirección dun conselleiro adscrito ao mesmo.
Consulte en detalle a composición das áreas de fiscalización.
Actualmente non existe ningún proceso aberto de provisión de postos de traballo.