Análise dispoñibles
A análise que se ofrecen neste portal contan con gráficas son interactivas: permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla (exercicio, Comunidade Autónoma, provincia, tipo de entidade, etc.).
Normativa
O artigo 223 do Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL) impón ás entidades locais a obriga de render as súas contas antes do 15 de outubro de cada ano seguinte ao exercicio a que aquelas se refiren, establecendo o devandito TRLRFL e as diversas instrucións de contabilidade que determinan o seu contido, estrutura e normas de elaboración, que a Conta xeral da entidade local estará formada pola conta da propia entidade así como pola conta de todos os organismos e sociedades delas dependentes, ao que se engadirá como documentación complementaria:
- As actas de arqueo das existencias en caixa e as certificacións bancarias dos saldos existentes a fin de exercicio e, en caso de discrepancia, o oportuno estado conciliatorio.
- As memorias xustificativas do custo e rendemento dos servizos públicos, e demostrativas do grao de cumprimento dos obxectivos programados, ás que se refire o artigo 211 do TRLRFL.
Fontes da información
A información que se presenta obtense da rendición da conta xeral que efectúan as entidades locais de Galicia a través da Plataforma de rendición de contas das entidades locais.
Unha vez recibida a conta xeral, procédese a súa análise, o que determina a súa clasificación nalgunha das seguintes categorías:
- Conta rendida en prazo (por cumprir a obriga de rendición en prazo -antes do 15 de outubro do ano seguinte- e forma debida).
- Conta rendida fóra de prazo (por cumprir en forma debida pero fóra de prazo).
- Conta recibida con defectos que comportan a consideración de conta non rendida,
As contas rendidas clasifícanse á súa vez en :
- Contas rendidas por carecer de defectos ou ser estes exclusivamente defectos na tramitación da conta xeral (que por natureza non son subsanables).
- Contas rendidas con defectos leves, por presentar as contas defectos de coherencia interna entre os distintos estados contables, defectos que poden ser obxecto de corrección pola entidade local.
Pola súa parte, as contas con defectos que comportan a consideración de conta non rendida clasifícanse atendendo ao defecto no que incorren:
- Conta xeral non aprobada polo Pleno da entidade local.
- Conta xeral con defectos de integridade, por non incluír a totalidade de entidades dependentes da entidade local.
- Conta xeral que non inclúe as memorias esixidas polo TRLRFL
- Conta xeral que non inclúe as actas de arqueo das existencias en caixa e as certificacións bancarias dos saldos existentes a fin de exercicio.