Unha delegación do Consello de Contas visita a Oficina Antifraude de Cataluña

No encontro celebrado o 27 de setembro abordáronse as estratexias que en materia de prevención da corrupción está desenvolvendo esta Oficina, como unha das súas funcións fundacionais e prioritarias, e que recentemente o Consello de Contas de Galicia asumiu entre as súas atribucións.

Na reunión estiveron presentes o Director da Oficina, Miguel Ángel Gimeno; o Director adxunto, Joan Xirau, e o Director de Prevención, Óscar Roca. Por parte do Consello de Contas de Galicia asistiron a Conselleira da Área do SERGAS, Ana María Otero López; a Conselleira da Área Institucional, Beatriz Rodríguez Fraga; o Conselleiro da Área da Conta Xeral, Constantino Carreiras Souto, e o auditor da Comisión de Prevención da Corrupción, Manuel J. Santana Suárez.