Suspensión dos prazos para a rendición de contas e información financeira por parte das entidades pertencentes ao sector público local galego.

Segundo o artigo 48.3 do Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, os prazos previstos na normativa reguladora da remisión das contas e o resto da información financeira ao Tribunal de Contas (e Consello de Contas de Galicia), quedarán suspendidos desde a declaración do estado de alarma, e nos termos previstos nos apartados 1 e 2 do mencionado artigo, renovándose o seu cómputo cando desapareza a dita circunstancia ou ampliándose o prazo previsto nun período equivalente ao da duración efectiva do estado de alarma.

Enlace ao BOE