Sesión constitutiva do Comité de Ética do Consello de Contas de Galicia

O pasado 19 de febreiro tivo lugar a sesión constitutiva do Comité de Ética do Consello de Contas de Galicia, na que se nomeou presidenta a Dona Ana María Otero López, Conselleira da Área do Sergas e secretario a Don Andrés Alonso García, na súa calidade de Presidente da Comisión Técnica de Prevención da Corrupción.