Reunión da Comisión de Coordinación no ámbito local do Tribunal de Cuentas e os Órganos de Control Externo

A conselleira da Área de Corporacións Locais do Consello de Contas de Galicia participa na II reunión semestral de 2017 da Comisión de Coordinación no ámbito local do Tribunal de Cuentas e os Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas, celebrada o día 7 de novembro de 2017 na sede do Tribunal de Cuentas.

Na reunión debatéronse diversas cuestións de interese común no ámbito local e intercambiouse información sobre posibles áreas a abordar nos respectivos programas para 2018, identificándose os ámbitos de interese compartido ao obxecto de evitar duplicidades ou lagoas e fortalecer as actuacións conxuntas.