Reunión da Comisión de Coordinación do Tribunal de Cuentas e os Órganos de Control Externo

A Cámara de  Comptos de Navarra acolleu onte unha reunión da Comisión de Coordinación de Comunidades Autónomas do Tribunal de Cuentas e os Órganos de Control Externo.

Na devandita reunión analizouse a fiscalización realizada tanto polo Tribunal de Cuentas como polas institucións autonómicas de control sobre os procesos de reestruturación de entidades dependentes das comunidades autónomas. 

Os responsables das institucións de control tamén puxeron en común as súas  previsións para o programa de fiscalización para 2019 e o Tribunal de Cuentas presentou o seu plan estratéxico do período 2018-2021.

Por último, acordouse impulsar fiscalizacións de maneira coordinada sobre diversas materias de interese conxunto, como as universidades públicas.