Información individual da conta xeral das entidades locais

Información individual da conta xeral das entidades locais Percorrido polas contas anuais integradas na conta xeral: liquidación de gastos e ingresos, resultado orzamentario, remanente de tesourería e endebedamento.
Máis información

A análise que se ofrece neste portal conta con táboas e gráficas interactivas: que permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla (exercicio, Comunidade Autónoma, Provincia, Tipo de entidade, etc) ou despregando os diferentes niveis nos que se agregan os datos nas filas das táboas.

A análise que se pode consultar é as seguinte:

Información individual da conta xeral das entidades locais

A conta xeral da entidade local amosa a visión:  

  • De como se executa o orzamento de gasto da entidade seleccionada, amosando as cifras de créditos iniciais, modificacións de créditos, créditos definitivos, gastos comprometidos, obrigas recoñecidas netas, pagos, obrigas pendentes de pago a 31 de decembro e remanentes de crédito, atendendo á clasificación económica do gasto.
  • De como se executa o orzamento de ingresos da entidade seleccionada, amosando as cifras das previsións iniciais de ingresos, as modificacións, previsións definitivas, dereitos recoñecidos, anulacións e cancelacións, dereitos recoñecidos netos, recadación neta, dereitos pendentes de cobro a 31 de decembro e exceso ou defecto das previsións, atendendo á clasificación económica do ingreso.
  • Da diferenza entre a totalidade dos dereitos recoñecidos netos e as obrigas recoñecidas netas dun exercicio económico axustadas polo importe das obrigas financiadas con remanente de tesourería para gastos xerais e polo importe das desviacións de financiamento derivadas dos gastos con financiamento afectado. Si o resultado orzamentario axustado é negativo pon de manifesto a existencia dunha execución contraria ao principio de estabilidade orzamentaria dado que cos dereitos recoñecidos nun exercicio non se poden atender os gastos xerados no mesmo.
  • Do remanente de tesourería, magnitude de carácter orzamentario que é un recurso para financiar gasto se é positiva, ou déficit a financiar se é negativa. Calcúlase a fin de exercicio, antes do peche da contabilidade, engadindo aos fondos líquidos os dereitos pendentes de cobro e restándolle as obrigas pendentes de pago, referindo todas as cifras a 31 de decembro do ano.
  • Da situación e movemento das débedas diferenciando entre as que se valoran co criterio do custo amortizado (importe inicial do pasivo financeiro menos os reembolsos do principal e as diferenzas entre o valor inicial e de reembolso imputadas a resultados calculadas mediante o método do tipo de xuro efectivo) ou do valor razoable (valor ao que pode ser liquidado o pasivo financeiro entre partes interesadas e debidamente informadas, nunha transacción en condicións de independencia mutua).
  • Do Balance, que comprende coa debida separación o activo, o pasivo e o patrimonio neto da entidade.
  • Da conta de resultado económico patrimonial, que recolle o resultado económico patrimonial obtido no exercicio e está formada polos ingresos e gastos do mesmo, salvo que proceda a súa imputación directa ao patrimonio neto.
  • Do Estado de cambios no patrimonio neto, que reflicte o estado total de cambios no patrimonio neto, o estado de ingresos e gastos recoñecidos e o estado de operacións coa entidade ou entidades propietarias
  • Do Estado de fluxos de efectivo, que informa sobre a orixe e destino dos movementos nas partidas monetarias de activo representativas de efectivo ou activos líquidos equivalentes.