Rendición do sector local

Benvidos á sección de Rendición do Sector local, na que o Consello de Contas de Galicia publica a información relevante e actualizada das entidades locais de Galicia e do resto do Estado, e a pon a disposición da cidadanía, partindo dunha filosofía e práctica que persigue que determinadas informacións e datos das entidades locais sexan accesibles e dispoñibles para todo o mundo, sen restricións legais nin técnicas. 

Dende o Consello de Contas de Galicia viuse a necesidade que teñen as persoas de acceder a certa información ata agora non dispoñible. Por iso, ten a vontade de avanzar cara un goberno mais aberto, baseado nos valores de transparencia, participación, servizo e eficiencia. E igualmente quérese promover a creación de valor coa reutilización da información pública. 

Estrutura