Análises da conta xeral das entidades locais

Análises da conta xeral das entidades locais Análise das principais cifras e magnitudes da conta xeral da entidade local.
Máis información

As análises que se ofrecen neste portal contan con táboas e gráficas son interactivas: permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla (exercicio, Comunidade Autónoma, Provincia, Tipo de entidade, etc) ou desplegando os diferentes niveis nos que se agregan os datos nas filas das táboas.

As análises que se poden consultar son as seguintes:

Análises da conta xeral das entidades locais

Esta análise da conta xeral mostra:

  • A comparación entre as cifras de ingresos previstas e as reais, con indicación das principais partidas de ingresos e das  porcentaxes de execución e cobro dos dereitos recoñecidos.
  • A evolución orzamento de ingresos, ofrecendo a visión de como evolucionaron as cifras do orzamento de ingresos nos últimos 4 exercicios orzamentarios. 
  • A comparación entre as cifras de gastos autorizados e executados, con indicación dos principais conceptos de gasto, porcentaxes de execución e de pago.
  • Evolución orzamento de gastos, ofrecendo a visión de como evolucionaron as cifras do orzamento de gastos nos últimos 4 exercicios orzamentarios. 
  • Análise funcional do orzamento de gasto, examinando o gasto  dende a perspectiva da finalidade do mesmo, analizando as diferentes áreas, políticas e programas de gasto, permitindo a análise conxunta polos conceptos económicos do gasto nos que se desglosa a clasificación económica, e deste xeito, valorar en que áreas se incorre en maior gasto e de que tipo é ese gasto.
  • Análise do resultado orzamentario do exercicio e da súa evolución.
  • Análise do remanente de tesourería do exercicio e da súa evolución.
  • Análise dos principais indicadores orzamentarios, financeiros e patrimoniais.
  • Análise da sustentabilidade da débeda a través do exame do peso que supón a carga financeira sobre os ingresos correntes e do período estimado de amortización da mesma. 

As táboas que se amosan son interactivas: seleccionado o capítulo ou artigo desexado, amósase a representación gráfica, tanto das cifras absolutas como dos graos de execución e pago dos créditos/obrigas do capítulo/artigo seleccionado.