Remisión de informes de fiscalización ao Parlamento de Galicia

O Consello de Contas remitiu hoxe ao Parlamento de Galicia a súa memoria e as súas contas correspondentes ao ano 2017 e os seguintes informes:

  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2016, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación 
  • O Informe económico - financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2016
  • O Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2016 
  • O Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2016
  • O Informe de seguimento de recomendacións ás fundacións sanitarias públicas (Medicina Xenómica, Ingo e Fegas)
  • O Informe de fiscalización do procedemento de xestión do inventario de bens do Sergas, exercicios 2015-2016
  • O Informe de fiscalización do gasto en atención residencial a persoas maiores e dependentes 
  • O Informe de fiscalización da tesouraría da Administración Xeral, exercicios 2014-2016
  • O Informe de fiscalización selectiva sobre a farmacia hospitalaria, exercicios 2014-2016

Esta remisión engádese á realizada o 9 de febrerio deste ano, na que se presentaran os seguintes informes:

  • O informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial
  • Os informes de fiscalización dos Concellos de O Barco de Valdeorras, de Oleiros, de Santiago de Compostela e de Marín.
  • O informe de fiscalización sobre a estabilidade orzamentaria das Corporacións Locais de Galicia.
  • Os informes de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa dos Concellos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, e das catro Deputacións Provinciais.
  • O informe global de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.

No que vai de ano, o Consello de Contas de Galicia remitiu ao Parlamento un total de 28 informes.