Remisión de informes de fiscalización ao Parlamento de Galicia

O Consello de Contas remitiu ao Parlamento de Galicia con data 9 de febreiro de 2018 os seguintes informes:

  • O informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial
  • Os informes de fiscalización dos Concellos de O Barco de Valdeorras, de Oleiros, de Santiago de Compostela e de Marín.
  • O informe de fiscalización sobre a estabilidade orzamentaria das Corporacións Locais de Galicia.
  • Os informes de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa dos Concellos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, e das catro Deputacións Provinciais.
  • O informe global de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.