Publicación da convocatoria do “I Premio Carlos G. Otero Díaz”.

O Consello de Contas de Galicia, como órgano de control externo con competencias en materia de prevención da corrupción, ten grande interese en promover a investigación en materias relacionadas con esta competencia.

Unha das formas de contribuír a este obxectivo consiste en empregar instrumentos que incentiven a elaboración de traballos relacionados coa prevención da corrupción no sector público como son os premios de investigación.

Con tal finalidade o Pleno da Institución aprobou a finais de 2019 as bases reguladoras do “Premio Carlos G. Otero Díaz” , cuxa primeira convocatoria se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia. O premio está dotado cun importe de 4.500 euros e o prazo para presentar os traballos de investigación finaliza o 31 de outubro de 2020. O xurado está composto por José Antonio Redondo López, conselleiro maior do Consello de Contas, que o preside, e por profesionais de recoñecido prestixio neste ámbito como María Concepción Campos Acuña, María Inmaculada Valeije Álvarez e Antonio Arias Rodríguez.

Enlace ao DOG