Presentación no Parlamento de Galicia do libro “XXV Aniversario do Consello de Contas de Galicia”

Hoxe presentouse na Biblioteca do Parlamento de Galicia o libro “XXV Aniversario do Consello de Contas de Galicia”, coa asistencia do Presidente do Parlamento, o Conselleiro Maior, a Conselleira da área de Corporacións Locais (coordinadora da publicación) e o Conselleiro de Facenda, así como dunha nutrida representación de parlamentarios, ex membros do Consello de Contas de Galicia e dos autores do libro.

O libro recopila nove artigos elaborados por persoal da Institución, nos que se fai unha reflexión sobre a súa historia, os logros acadados e os retos que se afrontan cara o futuro.

No acto de presentación, dona Begoña Villaverde Gómez, coordinadora do libro, destacou o papel fundamental que xoga o Consello de Contas no control e na transparencia da xestión pública, incidindo na necesidade de que a sociedade galega sexa coñecedora da labor desta Institución.