Participación do Conselleiro da Área de Conta Xeral na Comisión de Coordinación de Comunidades Autónomas

O Conselleiro da Área de Conta Xeral participou, en representación do  Consello de Contas de Galicia, na Comisión de Coordinación de Comunidades Autónomas do Tribunal de Cuentas  e  os órganos de control externo (OCEX), reunida na Sindicatura de Comptes da Comunidade Valenciana.

Na reunión debateuse sobre o informe de fiscalización que elabora o Tribunal de Cuentas  sobre a extinción das entidades dependentes das CCAA como consecuencia da reestruturación do sector público producida entre os anos 2010 e 2016.

Así mesmo analizáronse as posibles fiscalizacións conxuntas a levar a cabo entre o Tribunal de Cuentas  e os  OCEX no medio prazo, e solicitouse por parte da institución estatal a colaboración dos órganos autonómicos na fiscalización dos procedementos de xestión e control dos debedores por prestacións do Instituto de Maiores e Servizos Sociais correspondentes ao exercicio 2016.