O síndico maior da Sindicatura de Contas do Principado de Asturias, novo presidente de ASOCEX

  • Avelino Viejo toma o relevo a Jesús Encabo, presidente do Consello de Contas de Castela e León
  • Aprobadas dúas propostas de declaracións orientadas a estimular a rendición de contas das entidades locais e a reducir os prazos de rendición das contas do sector público

A Conferencia de Presidentes de Asocex , reunida o 29 de maio en Pamplona na sede da Cámara de Comptos de Navarra, nomeou novo presidente da asociación a Avelino Viejo, síndico maior da Sindicatura de Contas do Principado de Asturias. A renovación dos órganos de goberno complétase coa designación de Antonio Laguarta, presidente da Cámara de Contas de Aragón, como vicepresidente primeiro, e de Jesús Encabo, presidente do Consello de Contas de Castela e León e presidente saínte da asociación, como vicepresidente segundo.

A substitución na presidencia de Asocex  prodúcese seguindo a quenda de rotación establecido, con período de mandato dun ano. A Conferencia de Presidentes dos Órganos Autonómicos de Control Externo, cunha década de traxectoria, constituíuse en xuño de 2015 como asociación con personalidade xurídica propia.  Os seus obxectivos son fomentar a cooperación entre os seus membros, impulsar a coordinación co Tribunal de Contas e contribuír á mellora da transparencia e do control eficaz das finanzas públicas. 

Neste ámbito, a Conferencia de Presidentes de Asocex  aprobou dúas propostas de declaracións. Unha delas refírese a medidas para estimular a rendición de contas das entidades locais e a outra a modificacións legais para promover a redución dos prazos de rendición das contas do sector público.

A Asociación está integrada pola Cámara de Comptos de Navarra/Nafarroako Kontuen Ganbera, a Sindicatura de Comptes  de Catalunya, a Sindicatura de Comptes  da Comunitat Valenciana, o Consello de Contas  de Galicia,  Herri Kontuen Euskal Epaitegia/Tribunal Vasco de Contas Públicas, a Cámara de Contas de Andalucía, a Audiencia de Contas de Canarias, a Cámara de Contas da Comunidade de Madrid, a Sindicatura de Comptes de les Illes Balears, o Consello de Contas de Castela e León, a Sindicatura de Contas do Principado de Asturias e a Cámara de Contas de Aragón.