O Pleno do Consello de Contas de Galicia designa aos membros do Comité de Ética previsto no Código Ético Institucional da Institución

En aplicación do punto 50 do Código Ético Institucional o Pleno do Consello de Contas designou como membros do Comité de Ética ás seguintes persoas:

  • Dona Ana María Otero López. Conselleira da Área do Sergas. 
  • Dona Beatriz Rodríguez Fraga. Conselleira da Área de Institucional. 
  • Don Luís Míguez Macho. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Dona Esperanza Rodríguez Boente. Profesora contratada-doutora de Filosofía do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.