O Diario Oficial de Galicia publica a Instrución do Consello de Contas relativa á fiscalización das contabilidades das elección ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020.

A instrución, aprobada polo Pleno na súa sesión do 9 de xullo de 2020 e comunicada á Xunta Electoral e ás formacións políticas, ten por obxecto, por unha banda, precisar os criterios técnicos a seguir na fiscalización das contabilidades relativas ás eleccións ao Parlamento de Galicia do 12 de xullo de 2020, e por outra, determinar o alcance e os requisitos da documentación contable e xustificativa que debe remitirse ao Consello de Contas por parte de ditas formacións políticas.

DOG_149 de 27 de xullo de 2020