O pasado 23 de decembro, o Pleno do Consello de Contas de Galicia remitiu ao Parlamento de Galicia o seu Plan de traballo para o ano 2021, que contén as actuacións a levar a cabo no vindeiro exercicio nos ámbitos da función fiscalizadora e de prevención da corrupción.
Destaca a programación das seguintes actuacións relacionadas coa pandemia da Covid-19:
Informe de fiscalización sobre a aplicación e suficiencia dos ingresos do fondo Covid-19 para a xestión da pandemia na CA de Galicia, exercicio 2020
Informe de fiscalización do impacto da pandemia Covid-19 no ámbito da contratación do Sergas.