O Consello de Contas recibe a unha delegación da Oficina de Prevención e Loita contra a Corrupción das Illas Baleares

Unha delegación da Oficina de Prevención e Loita contra a Corrupción das Illas Baleares mantivo onte unha reunión con empregados públicos do Consello de Contas para poñer en común as actuacións que se están a levar a cabo en ambas institucións en materia de prevención da corrupción.