O Consello de Contas participa no seminario sobre prevención e loita contra a fraude organizado pola Intervención Xeral da Administración do Estado

O conselleiro da área de Conta Xeral, Constantino Carreiras, e o auditor, Manuel Santana, participaron o pasado martes no seminario sobre prevención e loita contra a fraude organizado pola Intervención Xeral da Administración do Estado, onde se puxo en común a experiencia dos distintos organismos e órganos especializados na materia.