O Consello de Contas organiza un curso monográfico sobre o sistema de integridade institucional nas Administracións Públicas

O  Consello de Contas, en colaboración coa EGAP, organizou un curso monográfico sobre o sistema de integridade institucional nas Administracións Públicas. As xornadas, que tiveron lugar os  días 2 e 3 de decembro e ás que asistiron preto de 150 empregados públicos, tiveron como obxecto analizar os distintos modelos de prevención da corrupción facendo especial fincapé no que desenvolve o  Consello.

Este curso, que foi dirixido pola Conselleira da área de Corporacións Locais, Begoña Villaverde, contou coa participación do Conselleiro da área de Conta Xeral, Constantino Carreiras, e cos relatorios elaborados pola letrada maior, Patricia Iglesias e por José Manuel  Pumares, auditor da área de Corporacións Locais, que versaron sobre a prevención da corrupción na contratación e sobre o enfoque de riscos no control financeiro local.