O Consello de Contas entrega ao Parlamento a memoria do ano 2013

O conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia, Xesús C. Palmou Lorenzo, entregou o 3 de novembro á presidenta do Parlamento, Pilar Rojo Noguera, a memoria de actividades e os informes elaborados en execución do Plan de Traballo para 2013 e, parcialmente, do Plan de Traballo para 2014.