O Consello de Contas e o Tribunal de Contas renovan a súa colaboración no uso Plataforma e do Portal de Rendición de Contas das Entidades Locais.

Onte, o Conselleiro da área de Conta Xeral, Constantino Carreiras, xunto cos presidentes dos demais Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas e o Presidente do Tribunal de Contas asinaron un convenio para renovar a súa colaboración no uso da Plataforma e do Portal de Rendición de Contas das Entidades Locais, como instrumentos para mellorar o control e promover maior transparencia sobre as contas xerais e a xestión das entidades locais.

A Plataforma de Rendición de Contas das Entidades Locais é unha aplicación web utilizada polas entidades locais para a remisión telemática de toda a información obrigatoria relativa ás súas contas xerais, contratos, convenios e en materia de control interno.

Esta Plataforma constitúe un modelo de éxito para promover a mellora da rendición de contas e doutra información relevante, así como para a súa verificación e fiscalización conforme a parámetros homoxéneos polo conxunto de Institucións de Control Externo que participan nela.

O Portal de Rendición de Contas, pola súa banda, proporciona á cidadáns información sobre as entidades locais e o estado da súa rendición de contas, así como sobre o contido das mesmas, o que contribúe á maior transparencia das devanditas contas e da xestión do sector público local.

A Plataforma de Rendición de Contas, que leva en funcionamento desde o ano 2007,  foi pioneira na implantación de ferramentas informáticas para a rendición de contas das entidades locais e atópase en evolución permanente, atendendo e adaptándose ás novas necesidades de información que a normativa esixe ás entidades locais. Así, entre os últimos desenvolvementos incorporados na Plataforma, destaca a  implantación dun módulo específico en materia de control interno, que incorporase as principais novidades producidas neste ámbito, derivadas do Real Decreto 424/2017, do 28 de abril, polo que se regula o réxime xurídico do control interno nas entidades do sector público local.