O Conselleiro Maior, José Antonio Redondo e o Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para a prevención da corrupción no ámbito do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dentro das novas competencias atribuídas ao Consello de Contas en materia de prevención de corrupción prevese a promoción de instrumentos de colaboración cos órganos da Administración autonómica con competencias en materia de transparencia, co obxecto de promover mecanismos de autorregulación na implantación, control e seguimento dos plans de prevención de riscos da corrupción no sector público autonómico e local de Galicia.
Pola súa banda, o Parlamento de Galicia instou ao Consello de Contas para que adoptase as medidas necesarias para cooperar coa Fiscalía Superior de Galicia na persecución de prácticas corruptas.
Así mesmo, a Fiscalía ten por misión promover a acción da Xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público, polo que é unha peza indispensable na colaboración co Consello de Contas na prevención da corrupción.
O protocolo ten por obxecto a colaboración das institucións nos seguintes ámbitos de actuación: