O Consello de Contas de Galicia participa nos XIII Encontros técnicos dos OCEX.

Os días 26 e 27 de setembro tiveron lugar en Valencia os XIII Encontros técnicos dos OCEX. A estas xornadas, o Consello de Contas contribuíu coa participación de Luis Fuentes, auditor da Área de Corporacións Locais, que presentou unha comunicación sobre o proceso de tramitación das comunicacións e denuncias que se presentan na Institución; Mar Cibreiro, xefa do servizo de informática, que disertou sobre o proceso de implantación da administración electrónica no Consello e Constantino Carreiras e Patricia Iglesias, conselleiro da Área de Conta Xeral e letrada maior respectivamente, que expuxeron as actuacións que se están levando a cabo en materia de prevención da corrupción.