O Consello de Contas de Galicia participa na reunión da Rede de Oficinas e Axencias Anticorrupción

O pasado 27 de novembro o Conselleiro da Área de Conta Xeral participou mediante videoconferencia e en representación do Consello de Contas de Galicia, nunha nova reunión da Rede de Oficinas e Axencias Antifraude.

Na sesión tratáronse, entre outras cuestións, a actualización da información relativa á transposición da Directiva europea de protección dos alertadores que deberá ser efectiva en decembro de 2021 e a realización, a iniciativa do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, dunha proposta integral de prevención e loita contra o fraude e a corrupción.