O Consello de Contas de Galicia participa na primeira reunión dos organismos antifraude de España.

 

O pasado 29 de xuño o Conselleiro da Área de Conta Xeral participou, en representación do Consello de Contas de Galicia, na primeira reunión dos organismos antifraude de España. O principal acordo ao que se chegou foi o de crear unha rede estable e con reunións periódicas co obxecto de compartir experiencias e estratexias para loitar contra a corrupción, sempre dentro das propias competencias de cada institución.