O Consello de Contas de Galicia participa na II Xornada de Auditoría do Sector Público

 

O pasado 13 de setembro, o Conselleiro da área de Conta Xeral, Constantino Carreiras, clausurou a II Xornada de Auditoría do Sector Público, organizada polo Colexio de Economistas da Coruña e a EGAP.

Na devandita xornada tratáronse, entre outros, temas relacionados co  compliance no sector público ou a aplicación do  RD 424/2017, tendo participado como poñentes respectivamente, Eloy Morán, auditor do Consello de Contas e Begoña Villaverde, Conselleira da área de Corporacións Locais da Institución.