O Consello de Contas de Galicia aproba o seu Plan Estratéxico para os anos 2019-2022

Onte, o Pleno do Consello de Contas de Galicia aprobou o seu Plan Estratéxico para os anos 2019-2022, en cumprimento do previsto no seu Regulamento de réxime interior.

O Plan recolle catro eixes básicos, dentro dos cales se inclúen obxectivos estratéxicos e as medias e actuacións para a súa consecución.

Os eixes nos que se estrutura o documento son:

  • Eixe 1: Fiscalización da actividade económico-financeira do sector público de Galicia
  • Eixe 2: Prevención da corrupción
  • Eixe 3: Bo goberno e organización interna
  • Eixe 4: Fortalecemento das relacións co Parlamento, a sociedade galega e cooperación con outras entidades

O Plan poderá ser obxecto ser obxecto de seguimento, avaliación e, no seu caso, revisión durante a súa vixencia.