O Conselleiro Maior participa nun acto académico conxunto da Real Academia da Ciencias Económicas e Financeiras e a Universidade de Beira Interior

O pasado 19 de xullo, o Conselleiro Maior participou nun acto académico conxunto da Real Academia da Ciencias Económicas e Financeiras e a Universidade de Beira Interior, que se celebrou en Covilhã, Portugal, xunto con académicos de diversos países e integrantes da Barcelona Economics Network.

José Antonio Redondo disertou sobre a “Ética e mercados financeiros: Unha perspectiva desde a complexidade”, facendo especial referencia ás novas competencias atribuídas ao Consello de Contas en materia de prevención da corrupción.