O Conselleiro Maior participa na Conferencia de Presidentes de Asocex

O Conselleiro Maior participou nunha nova Conferencia de Presidentes da Asociación de Órganos de Control Externo das Comunidades Autónomas ( Asocex), na sede da Sindicatura de Contas do Principado de Asturias, en Oviedo.

Na reunión foron aprobadas tres novas guías prácticas de fiscalización, en materia de comunicación das cuestións crave no informe de auditoría e sobre ciberseguridade, seguridade da información e auditoría externa.