O Conselleiro Maior inaugura o primeiro curso superior sobre “A fiscalización e a nova lei de contratos”

O curso ten por obxecto a análise das principais novidades introducidas pola lei propiciando o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores desde o punto de vista xurídico e da xestión pública, enfocado fundamentalmente a fortalecer coñecementos previos dirixidos á actividade de auditoría e control económico-financeiro do sector público, tanto no que se refire ao control do cumprimento normativo como dos principios de economía, eficacia e eficiencia.