O Conselleiro Maior compareceu no Parlamento de Galicia para presentar o proxecto de orzamentos do Consello de Contas para o ano 2021.

O Conselleiro Maior compareceu onte na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar as liñas básicas do orzamento do Consello de Contas para o ano 2021.

Trátase dun orzamento de máis de 7,8 millóns de euros, que se incrementa un 2,27% con respecto ao ano 2020. O maior incremento, un 2,72%, se produce no capítulo I dedicado a gastos de persoal.