O Conselleiro Maior compareceu no Parlamento de Galicia para presentar o proxecto de orzamentos do Consello de Contas para o ano 2020

O Conselleiro Maior compareceu hoxe na Comisión 3ª de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar as liñas básicas do orzamento do Consello de Contas para o ano 2020.

Trátase dun orzamento de máis de 7,6 millóns de euros, que se incrementa un 5,27% con respecto ao ano 2019. O maior incremento, case un 6%, se produce no capítulo I dedicado a gastos de persoal.