O Conselleiro Maior compareceu onte na Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas para explicar a memoria de actividades 2018 e os informes do exercicio 2017 e o plan de traballo da Institución para 2020.
Estas comparecencias sufriron un significativo retraso como consecuencia da disolución do Parlamento trala primeira convocatoria das eleccións autonómicas deste ano.