Novidades para a rendición da conta xeral 2019 por parte das corporacións locais.

Como consecuencia das modificacións derivadas da nova configuración da conta 413 “Acredores por operacións devindicadas” (introducidas pola Orde HAC/1364/2918, do 12 de decembro, pola que se modifican os plans de contas locais anexos ás instrucións dos modelos normal e simplificado da contabilidade local, aprobadas polas Ordes HAP/1791 e 1792/2013, do 20 de setembro) a Intervención Xeral da Administración do Estado ven de publicar os novos esquemas XSD correspondentes aos modelos normal e simplificado de contabilidade local e que son de aplicación para a rendición da conta xeral das entidades locais a partir da correspondente ao exercicio 2019.

Os ditos esquemas poden atoparse no seguinte enderezo electrónico:

https://www.oficinavirtual.pap.hacienda.gob.es/sitios/oficinavirtual/es-ES/ContabilidadPublicaLocal/Paginas/FormatoNormalizadoCuentaGeneral.aspx

Por outra banda, tamén figura un visor actualizado que permite a transformación de ficheiros .xml a formato .html, dispoñible neste enderezo electrónico:

https://www.oficinavirtual.pap.hacienda.gob.es/sitios/oficinavirtual/es-ES/ContabilidadPublicaLocal/utilidades/Paginas/Utilidades.aspx

Cómpre mencionar que a partir da remisión da conta xeral do exercicio 2019 é obrigatorio remitir os informes de auditoría de contas das entidades dependentes en formato .pdf, e as contas anuais das entidades sen ánimo de lucro dependentes ou adscritas á entidade local en formato .xml, de acordo cos esquemas XSD que se atopan publicados no seguinte enderezo electrónico:

https://rendiciondecuentas.es/Presentacion/home#modelos