Notas aclaratorias sobre a aplicación do artigo 48 do Real Decreto-Lei 11/2020, do 31 de marzo, en relación coa suspensión do prazo de remisión das contas e do resto da información financeira das entidades que integran o sector público local galego.

  1.  A suspensión do prazo de remisión está supeditada ao cumprimento dos requisitos previstos no apartado 1 do artigo 48, é dicir: Que os órganos encargados de remitir a información procuren cumprir os prazos establecidos. Que a suspensión do prazo está vinculada á imposibilidade de cumprir cos prazos establecidos. Que a imposibilidade de cumprir os prazos sexa acordada pola entidade e se materialice nunha declaración do seu representante que deberá ser comunicada o Tribunal de Contas, quen informará periodicamente ao Consello de Contas.
  2.  A expresión “información financeira” inclúe toda aquela información que afecte directa ou indirectamente aos dereitos e obrigas da facenda pública, polo que comprende a información relativa ao control interno das entidades locais por parte dos órganos de intervención. Neste caso, cando esta información no poida ser remitida antes do 30 de abril (tal e como sinala a normativa de aplicación) como consecuencia da declaración do estado de alarma, será o órgano interventor quen declare a imposibilidade de cumprir dito prazo e así o comunique ao Tribunal de Contas.
  3.  As entidades locais poderán presentar a comunicación no rexistro electrónico do Tribunal de Contas (http://sede.tcu.es/tramitador-front/certificate/IndexCert.action?procedureId=SGREG01) ou, no caso de carecer de certificado electrónico válido, mediante o un correo electrónico ao seguinte enderezo: eell.cuentas@tcu.es. A páxina web da Plataforma de Rendición de Contas inclúe un aviso informando as entidades locais sobre as medidas adoptadas para a ampliación da remisión de información en materia de control interno.