Entra en funcionamento a Canle electrónica de queixas e denuncias dirixidas ao Comité de Ética do Consello de Contas de Galicia

A partir do día de hoxe está en funcionamento a Canle electrónica de queixas e denuncias para a presentación de comunicacións que se dirixan ao Comité de Ética do Consello de Contas de Galicia por posibles vulneracións ou incumprimentos do Código ético institucional.

Esta aplicación garante a confidencialidade dos datos presentados nas comunicacións e ofrece a posibilidade de preservar o seu anonimato en todo o proceso, ao mesmo tempo que permite manter o diálogo necesario coa persoa denunciante.

O obxectivo é favorecer o cumprimento dos principios e regras éticas e do bo goberno que deben seguir os cargos e o persoal da Institución.