Datos da conta xeral das entidades locais

Neste apartado preséntanse datos extraídos das contas anuais rendidas polas entidades do sector local a nivel nacional. Mediante a utilización dos selectores, os datos poden presentarse tanto a nivel  entidade consolidable  utilizando os selectores "Tipo entidade" e/ou "Nome", ou a nivel de entidade individual, utilizando os selectores "Tipo entidade integrante" e/ou "Nome integrante". (Véxase perímetro da Conta xeral)

A análise que se ofrece neste portal contan con táboas e gráficas interactivas: que permiten modificar as cifras amosadas utilizando os selectores que que figuran na parte superior de cada pantalla (exercicio, Comunidade Autónoma, provincia, tipo de entidade, etc.) ou despregando os diferentes niveis nos que se agregan os datos nas filas das táboas. 

Contido da conta xeral

Segundo o artigo 208 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais (TRLRFL), a conta xeral  “porá de manifesto a xestión realizada nos aspectos económico, financeiro, patrimonial e orzamentario”, establecendo o devandito TRLRFL e as diversas instrucións de contabilidade, os requisitos e características que debe reunir a información incluída nas contas anuais: conter información clara, relevante, fiable e comparable.

Perímetro da conta xeral

Segundo o artigo 209 do TRLRFL, a Conta xeral integrada pola conta da propia entidade, a dos organismos autónomos e a das sociedades mercantís integramente propiedade das entidades locais, ao que se deben engadir os consorcios locais adscrito á entidade local, por aplicación do novo réxime xurídico dos mesmos, contido no artigo 122 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime xurídico do sector público. As Instrucións de contabilidade local aprobadas polas ordes HAP/1781/2013 e HAP/1782/2013, do 20 de setembro, que modifica esta última o modelo básico, que regula a Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, inclúen entre a información a subministrar, aínda que sen formar parte da conta xeral, a das sociedades mercantís en cuxo capital teña participación maioritaria a entidade local.
Finalmente, o devandito artigo 209 do TRLRFL establece que se unirán á conta xeral os estados integrados e consolidados das distintas contas que determine o Pleno da Corporación.

Estados anuais integrados na Conta Xeral

Segundo o TRLRFL e Instrucións de contabilidade local anteriormente citadas, os estados anuais que integran a Conta xeral son as seguintes:

  • O Balance, que comprende coa debida separación o activo, o pasivo e o patrimonio neto da entidade.
  • A Conta de resultado económico patrimonial, que recolle o resultado económico patrimonial obtido no exercicio e está formada polos ingresos e gastos do mesmo, salvo que proceda a súa imputación directa ao patrimonio neto.
  • O Estado de cambios no patrimonio neto, que reflicte o estado total de cambios no patrimonio neto, o estado de ingresos e gastos recoñecidos e o estado de operacións coa entidade ou entidades propietarias
  • O Estado de fluxos de efectivo, que informa sobre a orixe e destino dos movementos nas partidas monetarias de activo representativas de efectivo ou activos líquidos equivalentes.
  • O Estado de Liquidación do orzamento, que comprende, coa debida separación, a liquidación do orzamento de gastos, de ingresos, así como o resultado orzamentario.
  • A Memoria, que completa ou amplía a información contida nos outros documentos. Inclúe o estado de remanente de tesourería.

Normativa

O Consello de Contas, mediante convenio subscrito co Tribunal de cuentas con data do 27 de xuño de 2011, está adherido á Plataforma de rendición de contas das entidades locais (www.rendiciondecuentas.es) para a remisión telemática da conta xeral das entida­des locais da Comunidade Autónoma. 
Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2015 das Instrucións de contabilidade local aprobadas polas ordes HAP/1781/2013 e HAP/1782/2013, do 20 de setembro, que modifica esta última o modelo básico, que regula a Orde EHA/4040/2004, do 23 de novembro, e á vista da experiencia destes exercicios na consolidación da Administración electrónica, procedeuse á revisión da forma en que estas deben render as súas contas por media da RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno do 31 de maio de 2016, polo que se aproba a Instrución que regula o formato normalizado da conta xeral das entidades locais de Galicia en soporte informático e o procedemento telemático para a súa rendición.
A regra segunda da devandita Instrución establece que a conta xeral das entidades locais, configurada segundo o establecido na norma anterior, deberá ser remitida ao Consello de Contas de Galicia exclusivamente por vía telemática, a través da plataforma de rendición de contas (www.rendiciondecuentas.es), accesible desde a páxina web do Consello de Contas de Galicia (www.ccontasgalicia.es).

Fontes da información

Os datos proceden da conta xeral rendida polas entidade locais a través da Plataforma de rendición das contas locais.