A conselleira da Área de Institucional participa no II Congreso de compliance no sector público

O pasado 27 de marzo a conselleira da Área Institucional, dona Beatriz Rodríguez Fraga, participou no II Congreso de compliance no sector público celebrado en Madrid, no que se trataron temas relacionados cos procedementos e boas prácticas para identificar e clasificar os riscos operativos e legais aos que se enfrenta o sector público, así como os mecanismos internos de prevención, xestión, control e reacción fronte os mesmos.